Enrique Valero Gutiérrez del Olmo

Modelo:BiografíaEnrique Valero Gutiérrez del Olmo
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro forestal Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1592070 Dialnet: 1304730

Enrique Valero Gutiérrez del Olmo, naceu en 1958 en Madrid, onde estudou Enxeñería Superior de Montes (1975) na Universidade Politécnica de Madrid. Completou a súa formación académica en Valencia realizando o mestrado en Ordenación do Territorio por FUNDICOT (Universidade Politécnica de Valencia) en 1994. Acadou o título de doutor[1] pola Universidade Politécnica de Madrid en 1992.

Traxectoria

En 1986 obtén a praza de funcionario do corpo especial de enxeñeiros de montes do Estado, logo transferido á Xunta de Galicia. Nese mesmo ano trasládase a Galicia, para vivir na cidade de Ourense ata 1987, onde comeza a súa traxectoria profesional na Administración galega.

En 1989 trasládase a Santiago de Compostela, para desempeñar varios cargos no eido do medio ambiente na Xunta de Galicia, compatibilizando a súa actividade na Administración galega coa actividade académica no Campus Universitario de Pontevedra, como profesor asociado da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, impartindo disciplinas como Proxectos, Planificación física, Caza e pesca fluvial, e Hidroloxía forestal, entre outras.

En 1998 obtén a praza de profesor titular de universidade[2] na área de coñecemento de Enxeñería agroforestal, do departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo.

Investigación

É director do grupo de investigación AF-4[3] da Universidade de Vigo, especializado en planificación e xestión de recursos naturais renovables, dende 1999. A súa actividade investigadora está estruturada ó redor de cinco liñas ou disciplinas, cada unha con varios proxectos en desenvolvemento ou consolidados: recursos faunísticos, cinexéticos e piscícolas; planificación, xestión, fragmentación e conectividade entre espazos naturais; monitoraxe e seguimento ambiental de hábitats e ecosistemas naturais, en especial dos acuáticos; e enerxías renovables e planificación dos recursos e aproveitamentos forestais.

Dirixiu entre 2002 e 2007 o Observatorio Ambiental para as PEME do Sur de Galicia (OBSAM-SURGAL)[4], financiado pola Fundación Biodiversidad e a Universidade de Vigo, no que desenvolve diversas actividades de transferencia e formación ambiental, nunha iniciativa por consolidar a integración do medio ambiente no tecido empresarial galego.

Participou ademais na elaboración de documentos de xestión como o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia[5] e no Libro Blanco de la Agricultura y Desarrollo Rural[6], e é autor do libro Los parques naturales en España: Conservación y disfrute[7] (Mundi-Prensa, 2002), xunto con José Antonio Corraliza e Justo García Navarro, polo que foron galardoados co Premio Alfonso Martín Escudero[8] en 2001.


Cargos desempeñados

Cargos de representación

  • Membro do Comité Consultivo de Medio Ambiente da Comisión Europea.
  • Membro do Comité Consultivo de Bosques e Cortiza da Comisión Europea.
  • Membro do Consello de Goberno e da Comisión de Planificación (Universidade de Vigo, 2015).
  • Membro do Consello Asesor do Centro de Investigación e Servizos da Madeira (CIS-Madeira, 1999).
  • Membro da Asociación Galega para a Certificación Forestal (2003).
  • Membro do Consello Forestal de Galicia (2005).
  • Membro do Consello Galego de Medio Ambiente (2010).
  • Membro do Comité Galego de Caza (2011).

Notas