Enrique Santamarina Valcárcel, nado en Tandil (Arxentina) o 8 de febreiro de 1870 e finado en Buenos Aires o 18 de abril de 1937, foi un banqueiro e político arxentino de orixes galegas.
Traxectoria
Foi director do Banco Nación e vicepresidente da República Arxentina no goberno do Xeneral Uriburu, tras a revolución do 6 de setembro de 1930, pero renunciou o 20 de outubro dese mesmo ano por enfermidade. Foi un gran propulsor de Monte Grande, onde foi o primeiro comisionado municipal e unha figura moi importante na creación do partido de Esteban Echeverría en 1913, cando cedeu os terreos onde se situou o Club Social. Actualmente recórdano nesta vila unha praza, unha avenida e un monumento, que contou coa colaboración de Santamarina e Fillos, xa que a empresa formou unha comisión para recadar os fondos necesarios para a construción deste.[1][2].
Notas