Ingresou no seminario de Vilanova de Lourenzá o 1 de setembro de 1952, e tras un ano alí continuou os estudos en Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote en 1963. O bispo Jacinto Argaya destinouno inicialmente as parroquias do Freixo e Somede, pasando posteriormente á parroquia de Lousada. Non chegou a ser párroco da parroquia principal da vila por decisión do bispado.
En 1976 publicouse o seu libro Estudio sobre la historia de Puentes de García Rodríguez y su comarca, no que recompilou datos históricos e etnográficos das Pontes, considerado o primeiro compendio escrito da historia do concello. O 4 de decembro de 1981 foi nomeado Cronista Oficial do Concello das Pontes por unanimidade no pleno do concello presidido polo alcalde Xaime Vilaboy Ramil, tras unha proposta previa do Partido Galeguista das Pontes.