Enrique Cabaleiro González, nado en Tui, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Licenciado en Dereito. É funcionario de prisións.
Foi concelleiro de medio ambiente en Salceda de Caselas polo PSdeG de 2007 a 2011.[1] Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura socialista en Tui e logrou 2 concelleiros. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Tui, logrou 3 concelleiros e foi elixido alcalde co apoio de Alternativa Tudense, Son de Tui, BNG, Converxencia 21 e Alternativa Popular de Tui.[2][3] En outubro de 2017 foi desaloxado da alcaldía por Carlos Vázquez Padín (C 21) logo dunha moción de censura, cos votos do PP, Alternativa Popular de Tui e Cidadáns Tudenses.[4] Nas eleccións municipais de 2019 recuperou a alcaldía ó quedarse o PSdeG a tan só 1 voto de conseguila maioría absoluta, a cal incluso nun principio se lle outorgou.[5][6] Nas eleccións municipais de 2023, renovou a alcaldía ao conseguir 6 concelleiros e contar co apoio do BNG.[7]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas