"End of a Century" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como derradeiro sinxelo do seu terceiro álbum, Parklife o 7 de novembro de 1994. O tema acadou o posto número 19 na lista británia de sinxelos[1]. O seu videoclip é unha actuación ao vivo gravada no Alexandra Palace.
A letra semella que enfatiza o (entón) cambio de milenio e o porque as persoas contemplan o futuro en vez de coidar o presente. Damon Albarn afirmou que "End of a Century" talvez non fose a mellor elección para o cuarto sinxelo do disco, e que "This Is a Low" podería ter sido a alternativa.
Listaxe de cancións
- CD
- "End of a Century"
- "Red Necks"
- "Alex's Song" (Alex James)
- 7" e casete
- "End of a Century"
- "Red Necks"
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Sinxelos | |
---|