Encoro do Eume

Modelo:Xeografía físicaEncoro do Eume
Imaxe
Tipopresa de encoro Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaA Capela, España, As Pontes de García Rodríguez, España e Monfero, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°24′26″N 8°00′40″O / 43.407222, -8.011044
Características
Altitude318 m Editar o valor en Wikidata

O encoro do Eume é o máis grande dos dous que ten o río Eume. Áchase no seu curso medio ocupando unha superficie de 450 hectáreas dos concellos da Capela, As Pontes e Monfero. Ten unha lonxitude aproximada de 15 quilómetros e un volume de 123 hectómetros cúbicos[1].

A empresa concesionaria da explotación da central hidroeléctrica asociada ao encoro é a compañía ENDESA[2][3].

Características da presa e da central hidroeléctrica

A presa foi proxectada polo enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte, e construída entre os anos 1955 e 1960 no corazón do canón do Eume aproveitando a súa angostura[1]. Está formada por unha bóveda de dobre curvatura de 101 metros de altura sobre cimentos, e unha lonxitude na parte superior de 284 metros. Ten un aliviadoiro de tres vans de 60 metros, sen taboleiro superior de paso, cunha capacidade de evacuación de 617,06 m3/seg. O volume de formigón é de 225.000 metros cúbicos[3].

O encoro alimenta mediante unha condución subterránea unha central hidroeléctrica que, con 54.400 Kw, é a que máis potencia ten da provincia da Coruña[2]. Está situada na marxe esquerda case tres quilómetros e medio augas abaixo da presa[4].

Antes da construción da presa actual funcionaba unha central hidroeléctrica, chamada de Ventureira, cuxa concesión databa de 1902 e permitía o aproveitamento hidroeléctrico de 3.000 litros/segundo[3]. Esta central, hoxe en desuso, está a escasos metros da actual pero na outra marxe, e recibía a auga sen represar por un impresionante canal que comezaba uns poucos metros abaixo da presa actual[5]. Discorre practicamente colgado do canón e para a súa construción foi necesario construír varios túneles dada a sinuosidade do terreo[6]. É facilmente visíbel desde o cumio da presa.

Problemas medioambientais

Un dos primeiros problemas producidos pola construción da presa foi a extinción de especies piscícolas antano habitantes do río. Os salmóns desapareceron hai algunhas décadas, entre outras razóns, pola imposibilidade, por mor da construción da presa, de remontar ás súas zonas de desove[7]. Outras especies coma a troita, a anguía e, sobre todo, o reo, recuperaron os seus antigos hábitats. No caso do salmón fíxose unha repoboación durante cinco anos, do 1992 ao 1996, con 300.000 ovas escocesas. Non foi ata o ano 2003 que se identificou un exemplar de salmón que, probabelmente, sexa un descendente da repoboación feita nos anos noventa[8]. A pesar desta aparación esperanzadora, os expertos son pesimistas coa reintrodución do salmón no río Eume[9]. Tamén en 2008, ADEGA pediu que se investigase a actuación de ENDESA con respecto á presa para valorar a súa responsabilidade na morte de milleiros de reos no río Eume[10].

O caudal do río entre a presa e a central é insignificante, recibindo practicamente só as augas dos regatos existentes neste tramo[4]. Só nos escasos días nos que o encoro está cheo e soborda, pódese ver este tramo do río cunha canle normal.[4] A fiscalía de Medio Ambiente denunciou a ENDESA en 2010 por non manter o caudal biolóxico neste tramo do río. ENDESA alegou que na concesión non se fai referencia á obriga de manter dita canle, a pesar de que a súa actuación contradí a Lei de Augas da Unión Europea e a Lei de Pesca Fluvial de Galicia de 1992, como apuntou o fiscal[10][11].

Pouco despois da denuncia da fiscalía, ENDESA comunicou a Augas de Galicia que xa estaban elaborando un plano para dotar do caudal ecolóxico aos máis de tres quilómetros afectados[12]. Un ano máis tarde, en 2011, ENDESA presentou o documento ambiental para o proxecto de modernización dos desaugadoiros de fondo da presa de Eume no que se define dito proxecto, consistente na retirada de 1.500 m3 de sedimentos depositados nas inmediacións da toma dos desaugadoiros do fondo da presa mediante un sistema de aspiración por bombas, para despois depositalos augas arriba a unha distancia de 50 metros[13][14]. Nese mesmo documento valóranse os riscos medioambientais, salientándose posíbeis riscos de verquidos e derrames accidentais de aceites e combustíbeis, que afectarían non só á calidade da auga, senón tamén á comunidade biolóxica do encoro: plancto, zoobentos e peixes[13][14]. Efectos semellantes descríbense no río Eume, augas abaixo do encoro, e na ría de Ares[13]; entre a fauna afectada noméanse os mamíferos, especialmente a lontra, e as aves coma o merlo acuático, o picapeixe pescador, a garza real e o lavanco[13].

No medio século de existencia do encoro nunca foi aberta a comporta da presa[15], o cal provocou que se fosen acumulando lodos altamente contaminantes no fondo do encoro procedentes do lavado na mina das Pontes (durante 30 anos)[16], da propia vila das Pontes (ata o 2009 non tivo a súa primeira depuradora)[16][17], e da construción da autovía Ferrol - Vilalba (no 2009 produciu graves danos ao longo de 30 km do río)[16][18]. Algunhas estimacións falan dun espesor de 30 ou de 40 metros de lodo, mentres que outros opinan que son esaxeracións[19]. En calquera caso, os propìos datos de ENDESA semellan confirmar a perda de capacidade do encoro, pois nos 20 anos anteriores a 2010, a carreira de explotación, é dicir a diferenza entre os niveis máximo e mínimo de explotación, limitouse a 12,55 metros, cando no proxecto orixinal era de 62 metros[3].

Á vista das propias conclusións do informe ambiental de ENDESA, a organización ecoloxista ADEGA, solicita da Xunta de Galicia que obrigue a ENDESA a facerse cargo da adecuada xestión e tratamento dos sedimentos, e que inicie un expediente de caducidade de concesión do encoro do Eume por incumprimento da lexislación de augas e de pesca fluvial, obrigando á empresa a derrubar a infraestrutura[20]. Na súa resposta, a Xunta non contempla a posibilidade de tomar medidas contra ENDESA xa que, segundo a Consellería de Medio Ambiente, considera que a empresa resposta ás súas esixencias coa presentación do proxecto para reabrir os desaugadoiros[14].

O 20 de xuño de 2014 publicouse no DOG a resolución do 28 de abril de 2014 pola que se someten ao trámite de información pública a solicitude de autorización para a modernización dos desaugadoiros de fondo da presa do Eume, situada nos concellos de Monfero, As Pontes e A Capela, provincia da Coruña, así como o proxecto técnico e o documento de avaliación ambiental presentados por Endesa Generación, S.A.[21], na que se establece ademais un prazo para presentar alegacións. No momento da publicación no DOG do proxecto, ENDESA xa levaba ano e medio executándoo; alegando fortes chuvias, taponáranse os desaugadoiros e desmontárase o equipo vello, calculando a empresa que en catro meses rematarían as obras[22]. ADEGA presentou alegacións ao plan centradas en tres puntos: a recuperación do caudal ecolóxico e da concesión, a deficiente caracterización e cubicación dos sedimentos e o fortalecemento das medidas de seguimento e control antes, durante e despois da entrada en funcionamento dos desaugadoiros[23]. En marzo de 2015, co gallo da presentación por parte da Xunta de Galicia do Plano Reitor de Uso e Xestión (PRUX) das Fragas do Eume, ADEGA volve a facer referencia ao estado hidrolóxico do río Eume nas súas alegacións ao mencionado plano; consideran que se produciron graves efectos contaminantes e que o río soporta unha irracional xestión do seu nível hidrolóxico derivado da regulación artificial do seu caudal[24].

O feito de que o encoro estea situado no corazón do Parque Natural das Fragas do Eume, incluído na Rede Natura 2000 da UE,[1] xunto a outros motivos levaron a que algunhas organizacións ecoloxistas demandaran a súa eliminación.[20]

O encoro do Eume desde o miradoiro da Carboeira en Monfero.

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 AEMS-Ríos con Vida 2010, pp. 3-4
  2. 2,0 2,1 INEGA (ed.). "Centrais grande hidráulica" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Alonso 2011, pp. 3-4
  4. 4,0 4,1 4,2 AEMS-Ríos con Vida 2010, p. 6
  5. Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial, ed. (2/6/2011). "190 Salto da Ventureira". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  6. queverengalicia.com (ed.). "Senderismo: Ruta por el Cañón del Eume" (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  7. Julio Pérez (25/6/2008). La Opinión Coruña, ed. "Las presas y el urbanismo amenazan a los peces autóctonos de los ríos" (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  8. La Voz de Galicia, ed. (23/6/2003). "El salmón vuelve al río Eume después de cuarenta años de ausencia" (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  9. Mark Adkinson (22/7/2012). La Voz de Galicia, ed. "El salmón atlántico: camino de la extinción" (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  10. 10,0 10,1 Viviana Burón (22/4/2010). La Opinión, ed. "El fiscal denuncia a Endesa por causar daños en el río Eume El fiscal denuncia a Endesa por causar daños en el río Eume" (en castelán). Consultado o 13 de setembro de 2016. 
  11. Pablo González (22/4/2010). La Voz de Galicia, ed. "La Fiscalía denuncia a Endesa por dejar secos 3 kilómetros del río Eume" (en castelán). Consultado o 13 de setembro de 2016. 
  12. La Voz de Galicia, ed. (13/5/2010). "Una medida que surge tras la denuncia de la Fiscalía contra Endesa en el Eume" (en castelán). Consultado o 13 de setembro de 2016. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Alonso 2011, pp. 57-58
  14. 14,0 14,1 14,2 V. Burón (29/6/2011). La Opinión, ed. "La Xunta descarta retirar a Endesa la concesión del embalse de A Capela" (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2016. 
  15. AEMS-Ríos con Vida 2010, p. 5
  16. 16,0 16,1 16,2 AEMS-Ríos con Vida 2010, p. 7
  17. Nuria Rodríguez (3/1/2009). La Opinión, ed. "La Xunta adjudica la depuradora das Pontes por 3,5 millones" (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2016. 
  18. Héctor J. Porto (21/3/2009). La Voz de Galicia, ed. "Las obras de la autovía Ferrol-Vilalba amenazan los ríos Eume y Trimaz" (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2016. 
  19. AEMS-Ríos con Vida 2010, p. 8
  20. 20,0 20,1 ADEGA, ed. (27/6/2011). "ADEGA esixe a caducidade da concesión e a demolición do encoro d'A Capela no Eume". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 1 de setembro de 2016. 
  21. Xunta de Galicia, ed. (20/6/2014). "RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2014 pola que se someten ao trámite de información pública a solicitude de autorización para a modernización dos desaugadoiros de fondo da presa do Eume, situada nos concellos de Monfero, As Pontes e A Capela, provincia da Coruña, así como o proxecto técnico e o documento de avaliación ambiental presentados por Endesa Generación, S.A.". DOG. Consultado o 6 de setembro de 2016. 
  22. La Voz de Galicia, ed. (1/7/2014). "Endesa acabará las obras del embalse del Eume en 4 meses". Consultado o 6 de setembro de 2016. 
  23. ADEGA, ed. (23/7/2016). "Escrito de alegacións" (PDF). Consultado o 6 de setembro de 2016. 
  24. ADEGA, ed. (11/3/2015). "PRUX das Fragas do Eume: 19 agardando por un plano desfasado e sen compromisos concretos". Consultado o 6 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

ArrianosLucius Flavius Arrianus 'Xenophon' Patung kepala Arrianus dari NikomedeiaLahirc. 86  Nikomedia, Bithynia, Asia KecilMeninggalc. 160 [1]AthenaPekerjaanSejarawan, pegawai negeri, komandan militer, filsuf Arrianos dari Nikomedia (/[invalid input: 'icon']ˈæriən/; Latin: Lucius Flavius Arrianus Xenophoncode: la is deprecated ; bahasa Yunani: Ἀρριανός sekitar 86 – 160 M) adalah sejarawan, pegawai negeri, komandan militer, dan filsuf Romawi (d...

 

Election in Alaska Main article: 1972 United States presidential election 1972 United States presidential election in Alaska ← 1968 November 7, 1972 1976 →   Nominee Richard Nixon George McGovern John G. Schmitz Party Republican Democratic American Independent Home state California South Dakota California Running mate Spiro Agnew Sargent Shriver Thomas J. Anderson Electoral vote 3 0 0 Popular vote 55,349 32,967 6,903 Percentage 58.10% 34.61% 7.25...

 

United States v. WindsorMahkamah Agung Amerika SerikatDisidangkan pada 27 Maret, 2013Diputus pada 26 Juni, 2013Nama lengkap kasusUnited States, Petitioner v. Edith Schlain Windsor, in Her Capacity as Executor of the Estate of Thea Clara Spyer, et al.Docket nos.12-307Kutipan570 U.S. ___ (lanjut)Versi sebelumnyaDOMA dinyatakan tidak konstitusional sub. nom. Windsor v. United States, 833 F. Supp. 2d 394 (S.D.N.Y. 2012); Affirmed, 699 F.3d 169 (2d Cir. 2012)ArgumenOral argumentOpinion Announcment...

Piringan Emas Voyager Penutup Piringan Emas Voyager Piringan Emas Voyager adalah sebuah rekaman fonograf yang disertakan dalam dua penerbangan pesawat luar angkasa Voyager yang diluncurkan pada tahun 1977. Piringan emas ini berisi suara-suara serta gambar-gambar pilihan yang bertujuan menggambarkan keanekaragaman makhluk hidup dan budaya di Planet Bumi. Piringan dibuat dari tembaga berlapis emas, dan ditujukan kepada bentuk kehidupan luar angkasa yang cerdas atau manusia Bumi pada masa depan ...

 

Cet article est une ébauche concernant le monde insulaire et Ceuta, Melilla et les plazas de soberanía. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Îles ZaffarinesIslas Chafarinas (es) (mul) Vue satellitaire des îles Zaffarines Géographie Pays Espagne Localisation Mer Méditerranée Coordonnées 35° 11′ 00″ N, 2° 26′ 00″ O Superficie 0,525 km2 Nombre d'�...

 

Voce principale: Moncalieri Calcio. Moncalieri CalcioStagione 2000-2001Sport calcio Squadra Moncalieri Allenatore Giuseppe Brucato poi Claudio Sala poi Giuseppe Brucato Presidente Alvise Chavallard Serie C217º posto nel girone A. Retrocede in Serie D. Maggiori presenzeCampionato: Ragagnin, Randazzo, Wangu (32) Miglior marcatoreCampionato: Ragagnin, Wangu (5) 1999-2000 2001-2002 Si invita a seguire il modello di voce Questa voce raccoglie le informazioni riguardanti il Moncalieri Calcio...

Government building in St. John's, Newfoundland and Labrador, Canada This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Confederation Building Newfoundland and Labrador – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2018) (Learn how and when to remove this message) Confederation BuildingConfederat...

 

Map all coordinates using OpenStreetMap Download coordinates as: KML GPX (all coordinates) GPX (primary coordinates) GPX (secondary coordinates) Classroom display of the stages in processing cotton. Preston in Lancashire, England has been associated with cotton since John Horrocks built his first spinning mill, the Yellow factory, in 1791. This was powered by a Bateman & Sherratt engine. Preston mills tended to have their own reservoirs. They spun cotton using hand mules and self-actors ...

 

此條目可参照外語維基百科相應條目来扩充。若您熟悉来源语言和主题,请协助参考外语维基百科扩充条目。请勿直接提交机械翻译,也不要翻译不可靠、低品质内容。依版权协议,译文需在编辑摘要注明来源,或于讨论页顶部标记{{Translated page}}标签。 Osagyefo克瓦米·恩克鲁玛第三届非洲联盟主席任期1965年10月21日—1966年2月24日前任贾迈勒·阿卜杜-纳赛尔继任约瑟夫·亚瑟·�...

Mirko Rački, Mural in Croatian State Archives building Mirko Rački (13 October 1879 – 21 August 1982) was a Croatian painter. Rački was born in Novi Marof, and graduated from the Teacher's Academy in Zagreb. He then went to the private art school of Heinrich Strehblow in Vienna, then studied at the Academy in Prague under Vlaho Bukovac and in Vienna under W. Unger. He lived in Munich from 1907 to 1914, then in Rome, Geneva, Zagreb, and finally in Split. His most productive period was whe...

 

Permainan papan astronomi, dari Libro de los juegos Libro de los Juegos (Buku Permainan), atau Libro de acedrex, dados e tablas (Buku catur, dadu, dan tabel) adalah buku dari abad ke-13 yang ditulis atas pesanan Alfonso X dari Kastilia (Alfonso X yang Bijak), raja dari León dan Kerajaan Kastilia. Penulisan buku ini diselesaikan pada tahun 1283.[1] Isinya terdiri dari 98 halaman. Sebagian besar di antaranya berupa ilustrasi berwarna.[1] Permainan yang dibahas antara lain adala...

 

「離島」、「飛地」、あるいは「自治州」とは異なります。 海外領土・自治領の一覧(かいがいりょうど・じちりょうのいちらん)は、世界に存在する「独立国家以外の地域」の一覧である。 海外領土・自治領を示した世界地図       豪       智       丁       仏     ...

Person from the Pacific Islands This article is about the peoples of the Pacific Islands. For all peoples indigenous to Oceania, see Indigenous peoples of Oceania. For the rugby union team, see Pacific Islanders rugby union team. Pacific Islanders originate from countries within the Oceanian regions of Polynesia, Melanesia, and Micronesia. Pacific Islanders, Pasifika, Pasefika, Pacificans or rarely Pacificers are the peoples of the Pacific Islands.[1] As an ethnic/racial term, it is u...

 

Michi Gregoritsch Informasi pribadiNama lengkap Michael GregoritschTanggal lahir 18 April 1994 (umur 30)Tempat lahir Graz, AustriaTinggi 1,91 m (6 ft 3 in)[1]Posisi bermain PenyerangInformasi klubKlub saat ini VfL Bochum(pinjaman dari 1899 Hoffenheim)Nomor 11Karier junior2008–2009 KapfenbergerKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2009–2011 Kapfenberger SV II 30 (10)2010–2011 Kapfenberger SV 28 (3)2011– TSG 1899 Hoffenheim 0 (0)2011–2012 → Kapfenberger SV...

 

French historian Louis de Mas LatrieBornJacques Marie Joseph Louis de Mas LatrieCastelnaudaryDied3 January 1897(1897-01-03) (aged 81)ParisOccupationHistorianSpousePauline Rendu Louis de Mas Latrie (9 April 1815 – 3 January 1897) was a 19th-century French historian. Biography After his studies at the École nationale des chartes, Louis de Mas Latrie became an historian and specialized on Cyprus during the Middle Ages. He made several voyages there and is now considered by his peers as t...

1973 studio album by Gladys Knight & the PipsAll I Need Is TimeStudio album by Gladys Knight & the PipsReleasedJune 1973GenreSoulLength33:33LabelSoul S 739LProducerJoe Porter, Johnny Bristol, Clay McMurray, Hal DavisGladys Knight & the Pips chronology Neither One of Us(1973) All I Need Is Time(1973) Imagination(1973) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllMusic[1] All I Need Is Time is the tenth studio album by American R&B quartet Gladys Knight & ...

 

Section of U.S. Highway in Tennessee, United States This article is about the section of U.S. Route 51 in Tennessee. For the entire route, see U.S. Route 51. U.S. Route 51State Route 3U.S. Route 51 in Tennessee, highlighted in redRoute informationMaintained by TDOTLength135.90 mi[1] (218.71 km)Major junctionsSouth end US 51 at the Mississippi state lineMajor intersections I-55 in Memphis US 78 in Memphis US 64 / US 70 / US 72 ...

 

巴伦支海海战第二次世界大战的一部分昂斯洛号驱逐舰日期1942年12月31日地点巴伦支海、挪威北角以北结果 英国战略胜利,戰爭海軍在德國的地位遭到嚴重削弱参战方 英国 納粹德国指挥官与领导者 罗伯特·伯内特海军少将 罗伯特·谢尔布鲁克海军上校 奧斯卡·庫梅茲海军中将兵力 2艘轻巡洋舰6艘驱逐舰2艘护卫舰1艘扫雷舰2艘武装拖网渔船 1艘装甲舰1艘重巡洋舰6艘驱逐舰伤�...

HOXB9 معرفات أسماء بديلة HOXB9, HOX-2.5, HOX2, HOX2E, homeobox B9 معرفات خارجية الوراثة المندلية البشرية عبر الإنترنت 142964 MGI: MGI:96190 HomoloGene: 7367 GeneCards: 3219 علم الوجود الجيني وظائف جزيئية • sequence-specific DNA binding• ربط دي إن إي• ‏GO:0001948، ‏GO:0016582 ربط بروتيني• RNA polymerase II transcription regulatory region sequence-specific DNA binding• ‏GO...

 

Overview of conservatism in the United Kingdom This article is part of a series onConservatismin the United Kingdom Ideologies British nationalism Burkean Cameronism Muscular liberalism Civic Compassionate Green Liberal Thatcherism Libertarian Neo One-nation Powellism Progressive Toryism High Red Social Ultra Principles British unionism Classical liberalism Elitism Aristocracy Meritocracy Noblesse oblige Family values Imperialism Loyalism Moral absolutism Ordered liberty Protectionism Royalis...