O Encoro de Proserpina é unha presa situada a uns 4 km de Mérida (Estremadura). É unha construción romana de 427,8 metros de longo, 22,6 metros de alto e 5,9 metros de ancho na base. O encoro ten unha capacidade de 4 hm³.
Descrición
O encoro atópase no regato das Pardillas e está en moi bo estado xa que despois da caída do Imperio Romano, continou a se empregar. Na súa orixe fornecía de auga á cidade de Emerita Augusta (Mérida) polo acueduto dos Milagres. As datas da súa construción fixáronse por carbono 14 entre o século I e principios do século II da era actual[1].
Está considerado o encoro artificial da época romana máis grande coñecido no mundo mediterráneo. O encoro de Proserpina e o de Cornalvo forman parte do denominación Conxunto Arqueolóxico de Mérida, declarado Patrimonio da Humanidade en 1993 pola UNESCO.
O nome da presa déuselle pola inscrición votiva romana atopada preto adicada á deusa Proserpina que se conserva no museo de Mérida.
Proserpina
DEA . ATAECINA TVR BRIG . PROSERPINA PERTVAM MAIESTATEM TE ROGO ORO OBSECRO VTI VINDICES QVOT MIHI FVRTI FACTVM EST QVISQVIS MIHI IMVDAVIT INVOLAVIT MINVSVE FECIT EAS...Q I.S.S TVNICAS. VI...........AENVLA LINTEA.II.IN...VM CV IVS.....M . IGNORO ......IVS.
Deusa Ataecina Turibrigense Proserpina prégoche pido e demando pola túa grande maxestade que sexas a miña vingadora en cantos roubos me fixeron un quidam a min escamoteáronme en menos tempo que tardouse en facelas as cousas que abaixo escribo túnicas, seis capota de lenzo dúas, camisas...
Lápida e texto atopado preto da presa de Proserpina adicado á deusa[2].