Emilio Mosteiro

Modelo:BiografíaEmilio Mosteiro
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, diplomático Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1651916


Emilio Mosteiro Fernández, nado en Madrid nos comezos do século XX e finado na mesma cidade a comezos da década de 1970, foi un poeta que Ricardo Carballo Calero encadra no grupo dos Novecentistas [1].

Traxectoria

Foi un poeta e diplomático de ascendencia madrileña que viviu en Santiago de Compostela de 1924 a 1936[2].

En Ancla (1923-1925) (1926), escrito en castelán, hai un remate a xeito de Gharcha no poema "Morriña", que lembra o vangardismo de Manuel Antonio:

O derradeiro ronsel
morría no vermouth[3]

En Poemas sincopados (1926-1929)[4] (1929) a sección "Alalás" está en galego. Son trece textos en versos octosílabos, os máis breves de tres unidades, a xeito de cantares de soidade, e os máis longos de sete versos. Todos estes poemas son dun imaxinismo hilozoísta combinando elementos amorosos e paisaxísticos[5]. Estas breves composicións son variantes dun mesmo tema: a amada rodeada do medio galego de mar, rías e choiva. Nelas limítanse a amplifícanse as imaxes vangardistas[6].

Ademais neste libro válese dunha técnica e temática propias da creación musical e está significativamente dedicado ao musicólogo Xesús Bal y Gay.[7]

Vida persoal

Casou con Emilia Gayoso Besteiro, aínda que se divorciaron en 1935[8] En 1937 ela foi depurada do seu posto de traballo[9]

Obra

  • Ancla (1923-1925) (1926)
  • Poemas sincopados (1926-1929)

Notas

  1. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 
  2. Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 12. Editorial Ir Indo. ISBN 84-7680-300-1. 
  3. Mosteiro, Emilio (1926). Ancla (1923-1925). Tipografía Nuancia. p. 34. 
  4. Mosteiro, Emilio (1929). Poemas sincopados (1926-1929). Imprenta G. Hernández y Galo Sáez. 
  5. Carballo Calero 1975, p. 731.
  6. Otero Pedrayo, Ramón (Director) (1974). Gran Enciclopedia Gallega 21. Silverio Cañada. ISBN 84-7286-193-7. 
  7. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I Autores. Galaxia. p. 396. ISBN 84-8288-019-5. 
  8. Boletín Oficial de la provincia de Madrid, 30 de novembro de 1935, páx. 3.
  9. Boletín Oficial del Estado, Burgos, 12 de maio de 1937.

Véxase tamén

Bibliografía