Emilio López Pérez, coñecido como Milucho, nado o 31 de marzo de 1952 en Sindrán (Monforte de Lemos), é un político e sindicalista galego.
Traxectoria
Estudou no Seminario de Lugo e socioloxía na Universidade Complutense. Pola súa relación con Manuel María e Lois Diéguez entrou en contacto no nacionalismo galego, na súa etapa en Madrid participou na Agrupación Cultural Lóstrego, tamén participou no sindicalismo agrario nacionalista nas Comisións Labregas, chegando a ocupar a secretaria xeral. Foi deputado no Parlamento de Galicia co BNG (1993-2005) e foi delegado da consellería do Medio Rural na provincia de Lugo.
Libros publicados
Ensaio
Véxase tamén
Ligazóns externas