Emilio Bidegaín Lázaro foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Foi secretario de Centro Esperantista de Ferrol en 1908[1]. Foi un dos organizadores do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol e da Irmandade da Fala de Ferrol. Asistiu á I Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918. Foi nomeado concelleiro de Ferrol en 1927[2].
Vida persoal
Casou con Mercedes Rodríguez Mendívil en 1901.[3]
Notas