Emilio Antón Iboleón, nado en Ferrol o 9 de maio de 1853[1] e finado en Ferrol o 25 de febreiro de 1919[2], foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Fillo dunha familia ferrolá formada en Cuba e vinculada a negocios navieiros e industrias e á Armada. Graduado en Comercio no St. Joseph's Commercial College de Dumfries (Escocia). Comerciante, foi presidente da Cámara de Comercio de Ferrol. Foi nomeado alcalde de Ferrol en marzo de 1899[3]. Volveu ser alcalde en 1900 e 1903. Volveu ser nomeado alcalde en 1910[4] e 1912[5]. Presentou a súa renuncia en xuño de 1913[6]. Foi vicecónsul do Reino Unido en Ferrol.
Recoñecementos
- Cabaleiro da Gran Cruz de Isabel a Católica.
Notas
- ↑ Burgoa, Juan José (19 de novembro de 2017). "Emilio Antón Iboleón". Diario de Ferrol.
- ↑ El Correo Gallego, 26-2-1919, p. 1.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 22-3-1899, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 31-12-1909, p. 2-3
- ↑ La Correspondencia de España, 30-12-1911, p. 5.
- ↑ El Eco de Galicia, 11-6-1913, p. 1.