Emilio Alonso Paz

Modelo:BiografíaEmilio Alonso Paz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1878 Editar o valor en Wikidata
Cartimil, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de marzo de 1937 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Monte Porreiro, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Silleda
1936 – 1936 (destitución)
← Antonio Trabazo LorenzoManuel García Cerviño →
Alcalde de Silleda
1932 – 1934 (dimisión)
← Antonio Pereiro GilSegundo Arceo Díaz → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesAntón Alonso Ríos, curmán entregue Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 296
Placa na rúa Alonso Paz

Emilio Deogracias Alonso Paz, nado en Cartimil (Silleda) en 1878 e finado en Monte Porreiro (Pontevedra) o 16 de marzo de 1937, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da II República Española.

Traxectoria

Curmán de Antón Alonso Ríos, foi un dirixente agrarista. Concelleiro de Silleda en 1931, foi elixido alcalde en 1932 e dimitiu en 1934. Militante de Izquierda Republicana, en 1936 foi reposto como alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal, pero foi delatado, apresado e entregado ás autoridades franquistas, que o internaron na illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra, foi condenado á pena de morte e fusilado en Monte Porreiro en marzo de 1937.

Recoñecementos

A finais da década de 1990, a corporación municipal de Silleda decidiu poñerlle o seu nome a unha das rúas do casco urbano de Silleda. No 2007, coincidindo co 70 aniversario do seu fusilamento, a asociación socio-cultural Adellís e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio organizaron un acto na súa lembranza na rúa que leva o seu nome.[1]

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2012. 


Predecesor:
Antonio Pereiro Gil
 
Alcalde de Silleda
 
1932 - 1934
Sucesor:
Segundo Arceo Díaz
Predecesor:
Antonio Trabazo Lorenzo
 
Alcalde de Silleda
 
1936
Sucesor:
Manuel García Cerviño