Emiliano Pérez Pérez, finado en Monforte de Lemos o 28 de xuño de 1926, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos tomando posesión en maio de 1918. Permaneceu no cargo até novembro de 1920. Volveu ser nomeado alcalde de Monforte de Lemos en outubro de 1921, ocupando o cargo até abril de 1922. Finou en xuño de 1926.[1]
Vida persoal
Casou con Juana González e foi pai de Emiliano Pérez González.
Notas
- ↑ La Región, 3-7-1926, p. 5.
Véxase tamén
Ligazóns externas