Elvira Landín Aguirre nada en Bilbao en 1944 é unha avogada laboralista.[1]
Traxectoria
Xunto con Fernando Randulfe, abriu un despacho laboralista nos primeiros anos setenta do século XX en Vigo en pleno franquismo,[2] en 1976 únese Guillermo Barros Arias-Castro.
É executiva da asociación Xustiza e Sociedade de Galiza e colaboradora do Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP).[3]
Foi entrevistada no documental Vigo 1972. A hora da memoria.[4]
Recoñecemento
Foi recoñecida polo seu labor o 22 de novembro de 2014 por militantes da esquerda galega [5] e homenaxeada por Comisións Obreiras e a Fundación 10 de Marzo xunto con Fernando Randulfe pola súa traxectoria e apoio á clase obreira de Vigo no ano 2015.[6]
Vida persoal
Estivo casada con Fernando Randulfe, con que tivo dúas fillas, Amaya e Iria.
Elvira Landín é a tía do escritor feminista Gorka Mola Landín
Notas
Véxase tamén
Bibliografía