Eloísa Rivadulla Álvarez, nada en Osedo o 26 de xaneiro de 1911 e finada o 19 de setembro de 1987,[1] foi unha das primeiras mulleres que estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
Eloísa Rivadulla era filla de Benito Rivadulla Pascual e de Eloísa Álvarez Nieves. Estudou na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela dende 1930 até 1939.[2]
Posteriormente traballou como pediatra en Chantada, primeiro no Seguro Obrigatorio de Enfermidade [3]e despois na Seguridade Social. O seu traballo como pediatra foi moi apreciado e dá nome, en Chantada, a un colexio, o CEIP Eloísa Rivadulla, e a un parque.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "La letra de médica de Eloísa Rivadulla". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-01-26. Consultado o 2021-07-08.
- ↑ García, María Isabel Fernández; Noya, Ana María González; Maneiro, Marcelino Maneiro; Fórneas, Esther Gómez; Silva, Laura Rodríguez; Méndez, Lara Rouco (2019). "Abrindo camiños: as nosas pioneiras de ciencias". (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019, 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 99-112 (Universidade de Santiago de Compostela): 99–112. ISBN 978-84-9749-758-9.
- ↑ Pintos (2016)
Véxase tamén
Bibliografía
- Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela
- Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.
- Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencia en Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4