Eloxio da distancia

Eloxio da distancia
Ficha técnica
DirectorFelipe Vega e Julio Llamazares
ProdutorJulio Fernández (Bren Entertainment)
GuiónFelipe Vega e Julio Llamazares
IntérpretesActores non profesionais
MúsicaEva Valiño
FotografíaAlfonoso Parra (AEC)
MontaxeAngel Hernández Zoido
DistribuidoraFilmax
Estrea2007
Duración90 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDocumental
Orzamento440 935 €[1]
Recadación503,47 €[2]
Na rede
IMDB: tt7764676 Filmaffinity: 472880 Editar o valor en Wikidata

Eloxio da distancia é unha longametraxe de carácter documental galega estrada en 2007, dirixida por Felipe Vega e Julio Llamazares sobre unha idea orixinal de Mario Crecente.

Sinopse

O filme narra a vida diaria dos habitantes da Fonsagrada. O paso das estacións emprégase para mostrar imaxes e paisaxes da rexión, e ver coma os habitantes destas vilas desenvolven as súas vidas en relación ó medio que os rodea (recolección de cogomelos no outono, a auga da primavera proveniente do desxeo ou o nacemento dun becerro) e a relación cos propios veciños e demais habitantes da zona (a xuntanza dos amigos á mesa, a visita a un vello petrucio, os enterros, as clases de baile, a escola, ou a obra de teatro feita polos nenos). A película mostra unha forma de vida marcada polas distancias espaciais tanto internas coma externas, e pon en valor estes xeitos de vida máis tradicionais, fronte ás formas de vidas modernas propias das grandes vilas e cidades.

Características

A película rodouse con actores non profesionais. Divídese en catro seccións de acordo a cada unha das estacións:

  • Primavera: A personaxe central desta parte é Raúl, o carteiro.
  • Verán: A personaxe principal desta sección e Luz e leva o subtítulo Os do outro lado, en referencia ós habitantes de Asturias e León, limítrofes coa Fonsagrada.
  • Outono. Subtitulada Bolaño e os seu mundo
  • Inverno. A personaxe principal é Pilar, a veterinaria.

Datos de interese

  • Un dos personaxes máis vellos da longametraxe comenta a seguinte dita: Unha sebe dura tres anos. Un can dura tres sebes. Unha besta dura tres cans. E un home dura tres bestas
  • Cada cambio de estación faise patente na película coa música da trompa ou berimbau, instrumento musical tradicional da rexión.
  • Ó peche da película faise coa seguinte sentenza: A distancia. A distancia é o tempo pra pensar.

Galardóns e nomeamentos

Ano Categoría Receptor Resultado
2008 Mellor filme documental Formateo, Pórtico Comunicaciones, Tic Tac Producciones Nomeado

Notas

  1. culturagalega.gal (ed.). "Ficha de Eloxio da distancia en AVG". Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 
  2. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Eloxio da distancia". Consultado o 2 de novembro de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas