Eleutherodactylus iberia é unha pequena especie da familia Eleutherodactylidae, endémica do leste de Cuba.[1][2] É a especie vivente de ra máis pequena do hemisferio norte, con 10 mm de lonxitude.[3] É a terceira especie de ra máis cativa (e de tetrápodos) do mundo, despois da Paedophryne amauensis e a Brachycephalus didactylus.[4] Foi descuberta por vez primeira en 1993 no monte Iberia (Provincia de Holguín), do cal recibe o seu nome, e só habita en dúas pequenas rexións de Cuba.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía