Elena Veiga Rilo, nada en Guísamo (Bergondo) en 1991, é unha escritora galega.
Traxectoria
Graduada en Lingua e Literatura Galegas e mestrada en Estudos da literatura e da cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi lectora na Universidade Federal da Bahia e actualmente exerce como profesora no centro IES As Mariñas. En 2010 gañou a sexta edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia con Morto en fucsia (traducida ao español como Muerto en fucsia). É colaboradora habitual de A Xanela. Revista cultural das Mariñas.
Obras
Narrativa
- Morto en fucsia, 2011. Traducida a castelán.[1]
Obras colectivas
- Sete de Biblos, 2012.
- 17 letras sen día, 2011.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas