María Elena Suárez Sarmiento , nada en León o 30 de outubro de 1965 , é unha política galega do PPdG , deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Pontevedra.
Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 .
Traxectoria
Foi secretaria de Novas Xeracións de Galicia e concelleira de Traballo, Benestar, Igualdade e Deportes de Vilagarcía de Arousa de 2011 a 2015. Foi candidata ao Congreso dos Deputados de número tres na papeleta do PP da Circunscrición de Pontevedra nas Eleccións xerais de abril de 2019 e de número catro na de novembro do mesmo ano . Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 10 da lista do Partido Popular pola Circunscrición electoral de Pontevedra,[ 1] obtendo acta de deputada autonómica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas