Elena Olegovna Serova, nada en Vozdvizhenka, Saratov, o 22 de abril de 1976, é unha cosmonauta rusa que participou na misión Soiuz TMA-14M e foi membro das expedicións 41 e 42 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
Serova graduouse en enxeñería no Instituto de Aviación de Moscova en marzo de 2001 e en 2003 en economía na Academia do Estado en Moscova de Fabricación e Información. Participou na misión Soiuz TMA-14M e foi membro das expedicións 41 e 42 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 167,24 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos