Elena Pintado Martín

Modelo:BiografíaElena Pintado Martín
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVictoriano Costales Gutiérrez Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1845

Elena Pintado Martín, nada en Toledo en 1910, foi unha política española.

Traxectoria

Veciña de Pontevedra. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 axudou ao seu home Victoriano Costales a fuxir a Portugal e tamén puxo en contacto a Desiderio Comesaña Prado con Antonio García, o chofer que os levou na súa fuxida cara a Portugal.[1] Detida, foi xulgada en Vigo en febreiro de 1938 por rebelión militar, e condenada a cadea perpetua.[2] Estivo presa no penal feminino de Saturrarán.[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1940.[4] Foi requirida en agosto de 1943 polo Xulgado Especial de Conmutación de Penas.[5]

Vida persoal

Casou con Victoriano Costales Gutiérrez e foi nai de María Elena, Carmen, José Luis e Matilde Costales Pintado.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía