Electra del Narahío |
---|
Poste eléctrico de Electra del Narahío en Sedes, Narón. |
Tipo | Sociedade Anónima |
---|
Fundación | xaneiro de 1930 |
---|
Localización | Lugar de Vista Alegre 1 2 Narón, 15597 |
---|
Fundador | Manuel Orosa Teijeiro |
---|
Persoas clave | Faustino Loureiro Couce (investidor) |
---|
Industria | Electricidade |
---|
Produtos | Servizos enerxéticos |
---|
Beneficio | 1.354.437 €[1] |
---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Electra del Narahio é unha empresa galega adicada á distribución eléctrica. Ten uns 3200 clientes nos concellos de San Sadurniño e Narón.[2]
Historia
A empresa foi creada en xaneiro de 1930 por Manuel Orosa Teijeiro, co apoio financeiro de Faustino Loureiro Couce. Orosa Teijeiro (nado no Roxal cara a 1897) comezou traballando como axudante no Salto da Fervenza, central eléctrica creada en 1901 para dar enerxía a Ferrol. En 1916 emigrou a Cuba, onde traballou para unha compañía americana encargada do tendido da rede telefónica.
En 1932 rematou a construción dun encoro no río Castro, preto do castelo de Naraío. Da central saía unha única rede de media tensión a 6000 voltios, que chegaba até a parroquia de Pedroso. A empresa tiña centros de transformación en Naraío, Bouzarredonda, San Sadurniño e Pedroso.
O 14 de agosto de 1945 guerrilleiros antifranquistas atacaron as instalacións, e a empresa non volveu estar operativa ata o 8 de setembro do 1958. Ampliaron as liñas eléctricas a Felgosa (Moeche) e ás Felgosas (Cerdido). En 1958-59 construíuse a liña de Ferreira e Santa Mariña do Monte. Tras a morte de Manuel Orosa Teijeiro en 1969, o seu fillo Manuel Orosa Casal pasou a dirixir a empresa.
No ano 1996, coa nova Lei 40/1994 de Ordenación so Sistema Eléctrico Español, a empresa tivo que separar a produción eléctrica dos servizos de distribución. Electra del Narahío, S.A. quedou cos servizos eléctricos e a produción pasou a Hidroeléctrica Río Castro, S.L. En 2005 morreu Manuel Orosa Casal. Os seus fillos Manuel Ángel e María Mercedes Orosa Saavedra dirixen as empresas.
Notas
Véxase tamén