As eleccións xerais do Reino Unido de 2024 celebráronse o xoves 4 de xullo de 2024 para elixir 650 Parlamentarios (MPs) á Casa dos Comúns, despois de que a Lei de Disolución e Convocatoria do Parlamento de 2022 derogase a Lei de Parlamentos de Prazo Fixo de 2011.[1] Foron as primeiras eleccións xerais do Reino Unido nas que se require identificación de votante para votar en persoa en Gran Bretaña. As eleccións xerais foron as primeiras dende a saída do Reino Unido da Unión Europea e foi a primeira elección realizada durante o reinado de Carlos III.
O debate da campaña centrouse na perspectiva dun cambio de goberno, xa que o partido opositor, o Partido Laborista, liderado por Keir Starmer, ten unha vantaxe significativa nas enquisas sobre o gobernante Partido Conservador, liderado por Rishi Sunak. A opinión pública a prol dun cambio de goberno reflectiuse nos malos resultados dos conservadores nas eleccións locais de 2022 e de 2023, nas que os laboristas e os demócratas liberais venceron os conservadores, moitas veces con grandes marxes. Os partidos lograron novos avances nas eleccións locais de 2024, e moitos candidatos gañaron moitas eleccións parciais durante o parlamento. Un número récord de deputados conservadores non se presenta á reelección.[2]
Notas