As eleccións xerais polacas do 2001 celebráronse o 23 de setembro. Para o Sejm, votou o 46.29%, 96.01% do cal contou como válido. Para o Senado, votou o 46.28%, cun 96.46% de votos válidos.
Nas eleccións os que obtiveron máis votos foi o partido de centro-esquerda Alianza da Esquerda Democrática. Pola dereita, a Acción Electoral Solidariedade (AWS), que obtivera 201 escanos en 1997, quedou sen ningún, repartíndose estes en parte por partidos saídos da AWS, Plataforma Cívica e Lei e Xustiza, con 65 e 44 escanos respectivamente.
A Autodefensa da República de Polonia (SRP) incrementou os seus votos substancialmente do 1997, obtendo 53 escanos, e poñéndose terceiro no seu debut no Parlamento. A Liga das Familias Polacas tamén logrou entrar no Sejm por primeira vez, con 38 escanos, detrás do Partido Popular Polaco.