Os Demócratas por Andorra obtiveron a maioría absoluta nas eleccións de 2015 e Antoni Martí foi reelixido Primeiro Ministro de Andorra. En decembro de 2017, Josep Pintat, xunto cos dous membros da Unió Laurediana e dous membros de Ciudadanos Comprometidos, abandonou o grupo liberal.
Antoni Martí non pode ser reelixido, xa que a Constitución limita o cargo a dous mandatos consecutivos completos.
Sistema electoral
As eleccións xerais ríxense por un principio de voto paralelo. Cada elector ten que emitir dous votos en dúas urnas diferenciadas:
Un voto é para elixir a dous conselleiros por cada unha das 7 parroquias nas que se divide o país para un total de 14.
O outro voto é para elixir 14 conselleiros a nivel nacional por escrutinio proporcional.
Cada 4 anos vótase nas Cortes Xerais
Unha mesma persoa non pode aparecer como candidata a unha lista nacional e unha parroquial, nin tampouco en dúas parroquias diferentes.[2]
Os partidos ou coalicións que se presentaron ás circunscripcións parroquiais, onde se elixen os dous candidatos da lista mais votada de cada parroquia, son:[5]
Xavier Espot de Demócratas por Andorra foi escollido o 15 de maio de 2019 (38 días logo das eleccións) como presidente do Goberno de Andorra, o sétimo da historia do país e o sexto dende a aprobación da Constitución (1993). Espot foi elixido na primeira rolda de votacións por maioría absoluta, grazas ao voto dos 11 conselleiros do seu partido, mais os catro de Liberales de Andorra e os dous de Ciudadanos Comprometidos.
Así foi como Andorra obtivo un goberno tripartito entre DA, L'A e CC.[6]
Espot superou en votos ao candidato socialdemócrata, Pere López, que recibiu os sete votos dos conselleiros do seu partido. Mentres, os catro conselleiros de Tercera Vía abstivéronse.[6]