As eleccións á Asemblea da República portuguesa de 2024 celebráronse o 10 de marzo de 2024. Nestas eleccións elixíronse os deputados da XVI Lexislatura de Portugal. Os 230 escanos da Asemblea da República foron elixidos.
As eleccións convocáronse en novembro de 2023 trala dimisión do primeiro ministro António Costa tras unha investigación sobre suposta corrupción que implicaba a adxudicación de contratos para empresas de litio e hidróxeno.[1]
Ningún partido acadou a maioría absoluta de escanos, sendo a centrodereita Alianza Democrática (AD) liderada por Luís Montenegro o partido máis votado e conseguindo 79 escanos, seguida de preto por o Partido Socialista (PS), que perdeu a súa maioría absoluta nas eleccións de 2022 e quedou reducido a 77 escanos. Nas eleccións tamén xurdiu o partido populista de dereita Chega como o terceiro partido parlamentario, con 48 escanos, polo que o seu apoio é crucial na formación dun goberno de coalición.
A participación nas eleccións foi do 66,2 por cento, a máis alta dende 1985.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas