As eleccións ao Parlamento de Escocia de 2021 celebráronse o 6 de maio de 2021[1] baixo as disposicións da Acta de Escocia de 1998. Os 129 membros do Parlamento de Escocia foron elixidos nas sextas eleccións dende que o parlamento foi reestabelecido en 1999. As eleccións celebráronse ó mesmo tempo que as elección locais do Reino Unido, as eleccións da Asemblea de Londres, as eleccións ao Parlamento de Gales de 2021 e as de Hartlepool.
A campaña electoral comezou o 25 de marzo de 2021, durante a pandemia de COVID-19, aínda que o Parlamento non foi disolto oficialmente até o 5 de maio, o día antes das eleccións.[2] Os principais partidos que concorreron ás eleccións foron o Partido Nacional Escocés (SNP), liderado pola Primeira ministra Nicola Sturgeon, o Partido Conservador liderado por Douglas Ross, o Partido Laborista liderado por Anas Sarwar, os Liberal Demócratas liderados por Willie Rennie, e o Partido Verde Escocés, liderado cnonxuntamente por Patrick Harvie e Lorna Slater. Destes cinco partidos, dous deles cambiaron de líderes dende as eleccións de 2016.
Resultados
Partido
|
Voto en circunscricións
|
%
|
+/-
|
Escanos
|
+/-
|
Voto rexional
|
%
|
+/-
|
Escanos
|
+/-
|
Escanos totais
|
+/-
|
|
Partido Nacional Escocés
|
1.291.204
|
47,70
|
+ 1,2
|
62
|
+ 3
|
1.094.374
|
40,34
|
- 1,36
|
2
|
- 2
|
64
|
+ 1
|
|
Partido Conservador
|
592.526
|
21,89
|
- 0,11
|
5
|
- 2
|
637.131
|
23,49
|
+ 0,59
|
26
|
+ 2
|
31
|
=
|
|
Partido Laborista
|
584.392
|
21,59
|
- 1,01
|
2
|
- 1
|
485.819
|
17,91
|
- 1,19
|
20
|
- 1
|
22
|
- 2
|
|
Partido Verde Escocés
|
34.990
|
1,29
|
+ 0,69
|
0
|
0
|
220.324
|
8,12
|
+ 1,52
|
8
|
+ 2
|
8
|
+ 2
|
|
Partido Liberal-Demócrata
|
187.816
|
6,94
|
- 0,86
|
4
|
=
|
137.151
|
5,06
|
-0,14
|
0
|
- 1
|
4
|
- 1
|
|
Alba
|
-
|
-
|
-
|
-
|
-
|
44.913
|
1,66
|
+1,66
|
0
|
0
|
0
|
0
|
|
Todo pola Unidade
|
-
|
-
|
-
|
-
|
-
|
23.299
|
0,86
|
+0,86
|
0
|
0
|
0
|
0
|
|
Partido da Familia Escocés
|
2.734
|
0,10
|
+0,10
|
0
|
0
|
16.085
|
0,59
|
+0,59
|
0
|
0
|
0
|
0
|
|
Voz Verde Independente
|
-
|
-
|
-
|
-
|
-
|
9.756
|
0,36
|
+0,36
|
0
|
0
|
0
|
0
|
|
Independentes
|
5.673
|
0,21
|
-0,09
|
0
|
0
|
6.122
|
0,23
|
+0,03
|
0
|
0
|
0
|
0
|
|
Outros partidos
|
7.426
|
0,27
|
-
|
-
|
-
|
37.809
|
1,38
|
-
|
0
|
0
|
0
|
0
|
Total
|
2.706.761
|
100,00
|
|
73
|
|
2.712.783
|
100,00
|
|
56
|
|
129
|
|
O Partido Nacional Escocés gañou o maior número de votos, maior número de escanos no Parlamento de Escocia, conseguindo o 85% dos escanos por circunscrición.[3] O Partido Verde Escocés gañou 8 escanos, obtendo o seu mellor resultado nunhas eleccións ao Parlamento de Escocia e o Partido Conservador mantivo os 31 escanos. O Partido Nacional Escocés e o Partido Verde, ambos a prol da independencia de Escocia, gañaron un total de 72 escanos sobre un total de 129. Os partidos unionistas acadaron unha lixeira maioría de votos, tanto nas circunscrións como nas listas rexionais.
A participación de votantes nas eleccións alcanzou un récord do 63,0%, o máis alto nas eleccións ao Parlamento escocés.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas