Ela é o rapaz (en inglés: She's the Man) é un filme estadounidense de 2006 dirixida por Andy Fickman, inspirada en Noite de reis, unha obra de William Shakespeare. A película está protagonizada por Amanda Bynes e Channing Tatum, entre outros. Conta a historia de como unha rapaza se fai pasar por home.
Sinopse
Viola Hastings é unha boa futbolista, pero o equipo feminino foi cancelado e pide xogar no masculino. O adestrador di que unha rapaza non xoga tan ben como un rapaz, polo que, amolada, pídelle ao seu mozo e capitán do equipo Justin (que está alí) a súa opinión, pola que Viola decide terminar a relación. Logo, na súa casa, a moza de seu irmán Sebastian, Monique, confúndea con el, queixándose do moito que se parecen. Sebastian pídelle que o cubra, xa que se vai a Londres a tocar coa súa banda, e é entón cando se lle ocorre facerse pasar por el para entrar no equipo masculino.
Elenco
Recepción
Recadación
A película estivo no posto número 4 en recadación de América do Sur facendo $10.7 millóns USD na súa primeira fin de semana. She's the Man recadou un total de $33,741,133 nos Estados Unidos, cunha recadación total de $57,194,667 en todo o mundo.[1]
Críticas
Baseado en 108 comentarios, She's the Man, tivo unha clasificación 44% en Rotten Tomatoes.[2]
Notas