El Príncipe foi unha serie de televisión española de drama e suspense, creada por Aitor Gabilondo e César Benítez, para Telecinco. A serie, producida por Mediaset España en colaboración con Plano a Plano, relata unha historia de amor xurdida entre un axente de policía occidental peninsular e unha moza musulmá, irmá dun narcotraficante. A maior parte das súas tramas transcorren no conflitivo barrio de El Príncipe Alfonso de Ceuta, próximo á fronteira con Marrocos.
A serie estreouse o 4 de febreiro de 2014 en España cunha emisión multicanle que lle outorgou bos rexistros de audiencia en horario de prime time. No seu lanzamento obtivo un 21,9% de cota de pantalla (27,7% en multicanle) e foi líder en todas as súas emisións durante a primeira tempada. O último capítulo da primeira tempada foi visto por 6 290 000 espectadores, obtendo un 33,3% de cota de pantalla.[1] A serie finalizou definitivamente o 20 de abril de 2016.
Sinopse
Na conflitiva barriada ceutí de El Príncipe, Fran (José Coronado), un veterano policía, non dubida en impoñer a orde recorrendo a métodos pouco ortodoxos. Isto parece perigar coa chegada de Morey (Álex González), un axente do CNI que usa a comisaría como tapadeira para investigar unha suposta colaboración da policía cunha rede xihadista. A súa situación complicarase coa chegada á súa vida de Fátima (Hiba Abouk), unha idealista profesora musulmá que trata de encontrar o seu irmán adolescente, Abdu (Samy Khalil), desaparecido hai algún tempo, e que se opón ás actividades delituosas do seu outro irmán, Faruq (Rubén Cortada), un dos maiores narcotraficantes do barrio.
Personaxes
- José Coronado é Francisco «Fran» Peyón, inspector de policía.
- Álex González é Javier Morey, inspector xefe enviado polo CNI a El Príncipe.
- Hiba Abouk é Fátima Ben Barek, profesora no centro cívico.
- Rubén Cortada é Faruq Ben Barek, narcotraficante, irmán máis vello de Fátima.
- Elia Galera é Raquel, esposa de Fran e nai de dous fillos.
- Stany Coppet é Khaled Ashour, empresario, curmán e prometido de Fátima.
- Thaïs Blume é Matilde "Mati" Vila Colomer, patrulla de policía.
- Juan Manuel Lara é Quílez, subinspector de policía e íntimo de Fran.
- Ayoub El Hilali é Hakim, policía de orixe árabe.
- Tomás Calleja é Hassan Ben Barek, pai de Fátima e dono da cafetería do barrio.
- Mercè Montalà é Aisha Ben Barek, nai de Fátima.
- Susana Córdoba é Marina, dona dun bar no porto.
- María Guinea é Leila, esposa de Faruq.
- Samy Khalil é Abdessalam «Abdu» Ben Barek, irmán de Fátima.
- Carla Díaz é Nayat Ben Barek, irmá de Fátima.
- Pepe Quero é Federico «Fede».
- Pau Durà é Serra.
- Kaabil é Ismail Ben Joussef.
- Ángela Fabián é Ruth Peyón.
- Baya Belal é Malika.
- Jesús Castro é Paco.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas