El Progreso Villalbés foi un periódico editado en Vilalba entre 1921 e 1933.
Historia e características
Subtitulado Periódico defensor de los intereses generales de la comarca de Villalba, apareceu en 1921. Fundado e dirixido por José Enríquez Chanot. De orientación católica, durante a Segunda República exerceu como portavoz da CEDA. Suspendeu a súa publicación a finais de 1924, pero volveu reaparecer a principios de 1925. Incluíu colaboracións de Aquilino Iglesia Alvariño, Carmiña Prieto Rouco e Xosé María Díaz Castro. Cesou a súa publicación en setembro de 1933.[1]
Notas
- ↑ Faro Villalbés, 10-10-1933, p. 3.
Véxase tamén
Ligazóns externas