El Explorador de Puente-Caldelas foi un periódico editado en Ponte Caldelas en 1915.
Historia e características
Subtitulado Revista mensual dedicada a los hijos de este distrito, apareceu o 1 de xaneiro de 1915. Estaba editada e dirixida por Víctor Fraiz Villanueva. Incluía información local e noticias sobre os exploradores. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Landín en Pontevedra. Só se editou o primeiro número e foi substituído por El Heraldo de Puente-Caldelas.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos