El Domingo foi un semanario editado na Coruña entre 1880 e 1881.
Historia e características
Subtitulado Pasatiempo semanal ilustrado, apareceu o 14 de novembro de 1880. Fundado e dirixido por José Millán Astray, foron os seus redactores Román Navarro e J. Puga. Entre os colaboradores figuraron Salvador Golpe e Ricardo Caruncho. Cesou a súa publicación co número 48, o 9 de outubro de 1881. Foi substituído por El Día de Fiesta.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas