El Despertar Gallego foi un periódico quincenal editado en Buenos Aires entre 1905 e 1906.
Historia e características
Subtitulado Publicación quincenal independiente, apareceu o 8 de setembro de 1905. Estaba dirixido por José Carballas Rey e J. B. Fernández, e contou coa colaboración de Vicente Medina, Luís Sánchez e Félix Cuguerella. Era unha publicación quincenal independente en castelán que trataba problemas da colectividade emigrada, denunciaba os abusos aos galegos e realiza un labor crítico coas asociacións galegas desde postulados socialistas e sindicalistas. Tamén informaba sobre a actualidade galega e española. No seu número 3 publicou o Catecismo da doutrina labrega.[1] Manitivo polémica coa Revista Gallega por considerar inútil o labor de promoción da Real Academia Galega. No número 10, que foi o seu último número, indican o seu interese por converterse nun semanario co título de El Despertar Hispano.[2]
Notas
- ↑ Nova Galicia, 15-10-1905, p. 2.
- ↑ Nova Galicia, 4-2-1906, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos