El Centro Galaico foi un periódico editado na Coruña entre 1891 e 1893.
Historia e características
Subtitulado Periódico semanal republicano apareceu en xaneiro de 1891.[1] De periodicidade semanal, publicábase os sábados; despois pasou a ser bisemanal, aparecendo os mércores e sábados, e cambiou o subtítulo por Periódico republicano. Fundado polo Comité do Partido Centralista, estaba dirixido por José Rodríguez Martínez. Cesou a súa edición non antes de marzo de 1893.
Notas
- ↑ Gaceta de Galicia, 24-1-1891, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos