Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
El Bólido.
El Bólido de Cuntis foi un periódico editado en Cuntis en 1918.
Historia e características
Apareceu a principios de 1918 para matizar a opinión de El Bólido. Fundado e dirixido por José Vázquez Grela cando conseguiu o control da Sociedade de Labradores de Cuntis e pactou co conservadorismo dominante no distrito. Desapareceu a finais de maio de 1918, cando Vázquez Grela foi substituído na presidencia da Sociedade por Agustín Guillarey.[1]
Notas
- ↑ "Movimiento agrario. Variación de cargos", El Progreso, 28-5-1918, p. 1.
Véxase tamén
Bibliografía