O Eisbären Berlin é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Berlín (Alemaña). O equipo compite na Deutsche Eishockey Liga, a máxima categoría da liga profesional alemá, saíndo campión nos anos 2005, 2006, 2008, 2009, 2011, 2012 e 2013.
O equipo naceu en 1954 como unha sección do SC Dynamo Berlin, e gañou en 15 ocasións a liga de hockey sobre xeo da Alemaña do Leste antes da reunificación. Cando o club pasou a competir na Eishockey-Bundesliga en 1990, trocou o seu nome por EHC Dynamo Berlin, e dous anos despois por EHC Eisbären Berlin.
"Eisbären" tradúcese como "oso polar", e fai referencia ó oso polar que aparece no escudo da cidade de Berlín.