San Xulián de Eiré é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 270 habitantes, deles 129 eran homes e 141 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Xeografía
Limita coas parroquias pantonesas de Vilar de Ortelle e San Vicente de Castillón polo norte; con Castillón, Ferreira de Pantón e Deade polo leste, con Següín polo sur e con Atán polo suroeste.[2]
Patrimonio
Ademais da igrexa parroquial de San Xulián,[3] nesta parroquia sitúase a igrexa de San Miguel de Eiré, de feitura románica e declarada Ben de Interese Cultural.
Lugares e parroquias
Lugares de Eiré
Parroquias de Pantón
Notas
Véxase tamén
Outros artigos