Eduardo Sánchez Lata, nado en Vilardevesa (Cabrui, Mesía) cara 1904 e finado na Coruña, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Foi un dos autores dun atraco ao muíño de Ramón Sar na Illana (Fisteus, Curtis) o 30 de marzo de 1940. O atraco frustrouse e os dous asaltantes foron perseguidos por veciños armados liderados polo alcalde de Curtis. Eduardo recibiu un disparo e foi apresado e entregado no cuartel da Garda Civil. Procesado por un delito de rebelión militar, foi condenado a morte. No xuízo acusou a Benigno Andrade García de ser o seu cómplice no atraco, pero este negouno cando foi procesado en 1952. Morreu no cárcere da Coruña antes de que se executase a sentenza.
Véxase tamén
Bibliografía
- Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. pp. 120–121.
Ligazóns externas