Eduardo Sánchez Miño

Modelo:BiografíaEduardo Sánchez Miño
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Mortexuño de 1921 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, actor de teatro Editar o valor en Wikidata

Eduardo Sánchez Miño, finado na Coruña en maio de 1921,[1] foi un actor, intelectual e xornalista galego.

Traxectoria

Eduardo Sánchez Miño, Vicente Díaz González, Wenceslao Fernández Flórez, Joaquín Arias de Miranda e José Fitor Cabot (1909).

Dirixiu o periódico tradicionalista La Coruña Católica (1898) e en 1911 dirixiu o periódico ferrolán La Voz del Pueblo. Traballou na compañía do director e empresario teatral Emilio Mario. En 1902 liderou un grupo de mozos que pretendía crear na Coruña unha escola teatral, pouco despois ese colectivo constituíu a Escola Rexional de Declamación na que Sánchez Miño participou como actor. Escribiu apropósitos e en 1913 constituíuse en Ferrol baixo a súa dirección a Escola Dramática Galega,[2][3] que representou a súa obra ¡A roin feira...!, que non chegou a publicarse. Morreu na Coruña aos 49 anos.

Notas

  1. El Ideal Gallego, 28-5-1921, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 2-8-1913, p. 2.
  3. El Eco de Santiago, 13-11-1913, p. 1-2.