Eduardo Xesús Maragoto Sanches,[1] coñecido como Eduardo Maragoto, nado no Barqueiro (Mañón) en 1976, é un filólogo galego[2] e profesor de lingua portuguesa na EOI de Santiago de Compostela.[3] Foi presidente da Associaçom Galega da Língua até o 9 de xullo de 2023, sendo substituído por Jon Amil.[4]
Traxectoria
Pasou a infancia e a adolescencia en Feás, Cariño. Estudou Filoloxía Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Participa de forma activa no reintegracionismo, participou na fundación do Movimento Defesa da Língua e como parte do consello de redacción da publicación Novas da Galiza e do Portal Galego da Língua. En 2015 foi escollido presidente da Associaçom Galega da Língua,[5] recuncando na presidencia en 2019.[6] Desde 2017 colabora con canle de televisión Nós TV, onde presenta o programa "Galego de Todo o mundo, um programa de reflexom linguística para a Galiza e a Lusofonia".[7]
Obra
Libros
Artigos
Películas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas