A ecuación de Majorana é unha ecuación de onda relativista similar á ecuación de Dirac, pero inclúe o conxugado de carga ψc dun espinor ψ. Chámase así polo científico italiano Ettore Majorana e, en unidades naturais, é:[1]
Escrita en notación de Feyman, onde o conxugado de carga se define como:
- .
A ecuación (1) pode ser expresada, alternativamente, como:
- .
Se unha partícula ten unha función de onda ψ que satisfai a ecuación de Majorana, a cantidade m na ecuación chámase "masa de Majorana". Se ψ = ψc, daquela chámase "espinor de Majorana". Ao contrario do espinor de Weyl ou do de Dirac, o espinor de Majorana é unha representación real do grupo de Lorentz, que é a razón pola cal está permitido incluír tanto o espinor como o seu complexo conxugado na mesma ecuación. Realmente, existe outro xeito de escribir un espinor de Majorana en función de catro compoñentes reais, o que amosa por que ás veces se considera a "conxugación complexa" como un artefacto de usar a notación de Dirac para un espinor real.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía