O alto índice de crecemento da economía de Angola en anos recentes deveuse ós elevados prezos internacionais do petróleo. O país tornouse un membro da OPEP o 2006, e a súa produción diaria de petróleo atinxe os 1,65 millóns de barrís.[1] A súa economía é unha das que crece mai rapidamente en África e no mundo.
Con todo, malia gozar duns bos indicadores de crecemento nos últimos anos, a clasificación do país nos índices internacionais de desenvolvemento humano (148ª posición no mundo en IDH, co 54,8% da poboación en pobreza extrema[3]) non é boa, o que pon de manifesto que a riqueza petrolera está concentrada nuns poucos membros da elite política, mentres que a maioría da poboación atópase sumida na máis absoluta pobreza. Mostra deste contraste, en 2009, a capital angolana (Luanda), superou a Toquio como a cidade máis cara do mundo, mentres que dous terzos da poboación vivían con menos de dous dólares ao día.[4]
Angola concluíu en marzo de 2012 un acordo co FMI para financiar axustes macroeconómicos e contribuír ao aumento dos seus reservas internacionais. Os compromisos angolanos concretáronse nun axuste fiscal, política monetaria restritiva e reforzamento do sistema bancario e financeiro local. O importe da devandita facilidade financeira foron equivalentes a 1.400 millóns de dólares.[5]