O 1987 o goberno comezou unha serie de reformas macroeconómicas con fins de estabilizar a economía, coñecidas como o Programa de Rehabilitación Económica e Social, e cuxo obxectivo era introducir a economía de mercado no país. Estas reformas, adoptadas con axuda internacional e combinadas con eleccións libres o 1994, resultaron na mellora das taxas de crecemento. As reformas monetarias reduciron a inflación e as reformas fiscais conduciron a unha mellora da recadación[1]. O goberno tamén buscou reestruturar o sector empresarial estatal, coa privatización de varias empresas.
A agricultura de subsistencia segue sendo a principal fonte de renda da maioría da poboación[1]. Accións de ampliación rural, para a mellora de técnicas de conservación após a colleita e o aumento do período de seguranza alimentaria doméstica son medidas primarias para o desenvolvemento do mercado rural de Mozambique. A expansión da estrutura está facilitando o comercio de cereais e outras culturas aos mercados consumidores.
As áreas de comunicacións e transportes tamén están recibindo investimentos do goberno, coa execución de programas de recuperación de estradas para conectar as diferentes rexións. No sector industrial hai o desenvolvemento nas áreas de procesamento de produtos agrícolas, visando a substitución de importacións, e colocando a produción no mercado externo. Para iso, o goberno está reactivando o Fondo de Apoio á Rehabilitación da Economía (FARE), condicionando apoio á creación do empresariado nacional. A concesión de créditos en boas condicións aos pequenos empresarios da agricultura, pesca e pequena industria e o financiamento das cantinas rurais están entre as medidas tomadas polo Estado.
A débeda externa aínda é un gran problema para Mozambique, que encontra dificultades para saldar os compromisos cos acredores. Con esta situación, hai contactos coa comunidade internacional para que a débeda sexa reducida e as condizcións de pagamento sexan máis favorábeis. O país segue dependendo da asistencia internacional para case a metade do seu orzamento anual, e a maioría da poboación segue baixo o limiar da pobreza[1].