A ecoloxía xenética é o estudo da expresión e transferencia e de material xenético entre organismos dun ecosistema.[1] En xeral, o material xenético permanece dentro dos organismos. Porén, o material xenético ten a capacidade de ser captado por varios organismos que existen nun medio abiótico por medios naturais, como as transferencias horizontais de xenes.[2] Deste xeito, este campo de estudo céntrase na interacción, intercambio e expresión do material xenético entre especies filoxeneticamente distantes, que ocorre no solo, acuíferos, tractos gastrointestinais e outros ambientes. Por tanto, a ecoloxía xenética é o estudo da transferencia de xenes nos ecosistemas e das súas causas.
Outro aspecto ao que se aplicou o termo ecoloxía xenética foi o estudo das interrelacións de determinantes xenéticos específicos (xenes) co seu ambiente. Podería utilizarse esta disciplina para alterar in situ a abundancia e expresión de xenes nunha comunidade microbiana para controlar así procesos ambientais, como a degradación de substancias contaminantes orgánicas ou a eliminación de metais pesados.[3]
Transferencia de xenes
A información xenética pode transferirse a través dun ecosistema de moitas maneiras. A primeira das cales é a transferencia de xenes bacterianos (ver transformación bacteriana). As bacterias teñen a capacidade de intercambiar ADN. Este intercambio de ADN ou transferencia horizontal de xenes, pode pode proporcionar a outras especies de bacterias información xenética beneficiosa para sobrevivir no seu ambiente.[4]
Un fenómeno similar pode ocorrer entre plantas e bacterias. Por exemplo, Agrobacterium tumefaciens ten a capacidade de introducir xenes en plantas que causan o desenvolvemento de tumores na planta.[5]
Feitos similares ocorren durante as infeccións de certos virus noutros organismos.[6]
Notas
- ↑ Kellenberger, E. (15 de maio de 1994) "Genetic ecology: a new interdisciplinary science, fundamental for evolution, biodiversity and biosafety evaluations" Experientia vol50:5 pp. 429–437 DOI: 10.1007/BF01920741 [1]
- ↑ Lederberg, J. (1994) The Transformation of Genetics The Rockefeller University, New York, New York
- ↑ Olson, B.H., Goldstein, R.A. (1991). Applying Genetic Ecology to Environmental Management. In: Vaheri, A., Tilton, R.C., Balows, A. (eds) Rapid Methods and Automation in Microbiology and Immunology. Springer, Berlin, Heidelberg. pp 451–462. https://doi.org/10.1007/978-3-642-76603-9_55. [2]
- ↑ "Horizontal Gene Transfer" Arquivado 2017-09-28 en Wayback Machine.
- ↑ "Methods of Gene Transfer in Plants" (2011) Agricultural Biosecurity
- ↑ 7. Weaver, R. (2012). Molecular biology (5ª ed.). Nova York: McGraw-Hill
Véxase tamén
Outros artigos