O compartimento intermedio retículo endoplasmático-Golgi ou ERGIC polas súas siglas en inglés (de Endoplasmic Reticulum-Golgi Intermediate Compartment), tamén chamado agrupamento vesicular-tubular ou VTC (do inglés vesicular-tubular cluster), é un orgánulo das células eucarióticas. Este compartimento, formado por vesículas e túbulos, media no tráfico de produtos entre o retículo endoplasmático e o aparato de Golgi, facilitando a clasificación e distribución do cargamento das vesículas que viaxan entre os dous orgánulos.[1] O compartimento foi descuberto en 1984,[2] e foi definido por primeira vez como a localización na célula da lectina de membrana que se une á manosa chamada ERGIC-53.[3]
Nos organismos mamíferos, as vesículas COPII que saen das zonas de evaxinación do retículo endoplasmático perden os seus recubrimentos e fusiónanse para formar o cluster vesicular-tubular (VTC) ou ERGIC. O transporte de volta (ou retrógrado) das vesículas COPI devolve de novo ao retículo endoplasmático moitas das proteínas residentes no retículo endoplasmático perdidas. O transporte de ida (ou anterógrado) move o contido do VTC á rede cis-Golgi, que é a cara receptora do aparato de Golgi.
Notas