Dāyere-ye Minā (en persa: دايره مينا) é un filme iraniano de 1975 dirixido e escrito por Dariush Mehrjui. Está protagonizado por Saeed Kangarani, Ezzatollah Entezami, Ali Nassirian e Forouzan. Tras anos de prohibición, o filme estreouse nos cinemas de Irán o 12 de abril de 1978. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 50ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Sinopse
Conta a historia dun mozo que trata de conseguir cartos para pagar os tratamentos médicos do seu pai doente e é absorbido pola vida á marxe da sociedade, explotando outras persoas pobres e marxinadas polo seu sangue.
Personaxes
- Saeed Kangarani como Ali
- Ezzatolah Entezami como Dr. Sameri
- Forouzan como Zahra
- Ali Nassirian como Esmail
- Bahman Fersi como doutor Davoudzadeh
- Esmail Mohammadi como pai de Ali
- Rafi Halati como médico
- Soroush Khalili como xefe do hospital
- Iraj Rad como interno
- Mohammad Motii como doante de sangue
- Jamshid Layeg como médico
Notas
- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Véxase tamén
Outros artigos