O Día Internacional da Muller Indíxena é unha conmemoración instituída en 1983 durante o Segundo Encontro de Organizacións e Movementos de América, para centrar a atención nas mulleres indíxenas, a súa historia, a súa situación e as súas perspectivas.[1][2]
Orixe
A data foi designada como homenaxe a Bartolina Sisa, muller dirixente indíxena aimará que foi asasinada o 5 de setembro de 1782 tras liderar unha sublevación indíxena contra a coroa española.[3] A sublevación levou ao estabelecemento dun cerco á cidade da Paz en 1781.[4]
Conmemoración
Durante esta data organizacións sociais, organismos internacionais e autoridades maniféstanse facendo énfase nas condicións de vida actuais das mulleres indíxenas,[5][6] así como salientando a información sobre as achegas das mulleres indíxenas na sociedade en todos os seus eidos[7] no presente e durante toda a historia.[8]
Informe: repositorio.cepal.org pola Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPAL), (2013). Mujeres indígenas en América Latina: dinámicas demográficas y sociales en el marco de los derechos humanos. Santiago de Chile, Chile: Nacións Unidas