Iníciase a primeira expedición do rei persa Darío I contra Grecia baixo o mando do seu xenro e xeneral, Mardonio. Darío envía a Mardonio á Xonia a substituír o seu sátrapa, Artafernes e co encargo de facerse coa Tracia e impor o seu protectorado na Macedonia. A súa campaña contra a Grecia é un fracaso: boa parte da frota persa é destruída por unha tempestade ao bordear o monte Athos. Segundo Heródoto, perdéronse 300 embarcacións e máis de 20 000 homes. Os brixios atacan o acampamento persa e matan a moitos persas. Mardonio é ferido mais consegue derrotalos.
En Sicilia, a colonia de SiracusaCamarina rebélase. Hipócrates, tirano de Xela intervén para se enfrontar a Siracusa. Após vencer o exército no río Heloro, sitia a cidade. Porén, diante da intervención de forzas provenientes de Corinto, decide retirarse a cambio de Camarina.