Décimo Xunio Bruto fai serias incursións en Galiza. Fai fronte ás tribos de Gallaicos na batalla do río Douro, segundo os cronistas romanos esta batalla deixou un balance de 50 000 homes mortos, 6 000 presos e apenas 400 sobreviventes. Tamén avanzou nas súas exploracións até preto das beiras do río Miño
O astrónomo grego Hiparco de Rodas crea a súa escala de magnitude aparente de luminosidade das estrelas visibles. Descobre así a precesión dos equinoccios.