Samuel Carrera, nado no Porriño, é un rapeiro galego, coñecido co nome artístico de Duke Sam.
Traxectoria
Comezou a súa carreira no hip hop escribindo as súas primeiras rimas e a facendo as primeiras gravacións na casa. Aínda que Duke Sam levaba xa varios anos en activo, destacado como un dos mellores freestylers nas batallas comunitarias, o seu debut discográfico chegou en 2006, cando coñeceu a Puto Coke quen se ofreceu para producir e gravar o seu primeiro disco titulado "Origami". Un ano despois, xunto con Dikeyti (produtor e MC), formou o seu propio colectivo artístico, estudio e selo independente baixo o nome de "Track Asedio". Track Asedio consolidouse en Galicia como unha sólida plataforma para artistas de hip hop e que hoxe conta con numerosos MCs, produtores e disc-jóckeis así como varios discos autoeditados que suman centos de vendas e miles de descargas. Duke Sam foi un dos artistas hip hop máis prolíficos e activos do panorama galego. As letras destacan a acidez e o sarcasmo que pon nas súas críticas, de marcado carácter social e reivindicativo aínda que tamén cheo de boas mensaxes.[1][2]
Discografía
Álbums
- Origami (2006)
- Papiroflexia (2007)
- Solo para personal autorizado (2009)
- El extraterrestre (2010)
- El vendedor del humo (2011)
- Planeta Absurdo (2014)
- Relatos de un don nadie (2018)
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas